Pestanas principais

Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas na Primavera Lúdica 2025

Luns, 24 marzo, 2025
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de nenas e nenos admitidas e excluídas no programa de conciliación Primavera Lúdica 2025, para o CEP de Ventín, EEI do Milladoiro e o CEIP A Maía.

O programa Primavera Lúdica 2025 está dirixido ás rapazas e rapaces escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril de 2025.

A través deste programa, o Concello de Ames procura axudar ás familias a compatibilizar o traballo e a vida familiar, ofrecendo un espazo onde a rapazada realiza actividades lúdicas e educativas. O programa ten un horario de 7.30 á 16.00 horas e inclúe os servizos de Bos días e comedor.