Luns, 30 marzo, 2020
- Tematica
O Concello de Ames informa sobre a Orde publicada este domingo, 29 de marzo, pola que se establecen medidas excepcionais en relación cos velorios e cerimonias fúnebres para limitar a propagación e o contaxio polo COVID-19. Premendo na ligazón que está ao pé deste AVISO podes descargar dita Orde.
A evolución da epidemia do COVID-19 en España supuxo un importante incremento de falecidos por esta enfermidade, que se unen aos falecidos por outras causas. Esta circunstancia esixe a adopción de novas medidas extraordinarias para evitar a propagación e contaxio relacionados cos velorios ou a celebración das cerimonias civís e relixiosas vinculadas aos funerais, así como medidas para garantir a protección dos usuarios de servizos funerarios.
Por iso, faise preciso prohibir todos os velorios, tanto en instalacións públicas como privadas, restrinxir outras cerimonias fúnebres, independentemente da causa do falecemento, e regular algunhas das condicións de contratación dos servizos funerarios.