Xoves, 20 xuño, 2024
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, aclara que en resposta ás consultas recibidas en relación ao criterio de admisión na Escola de Verán, todo/a usurario/a que teña acreditada a necesidade de conciliación e cumpra cos requisitos establecidos terá garantida a súa praza no servizo.
No artigo 17 do regulamento da Escola de Verán do Concello de Ames establécese que “terán preferencia as unidades familiares onde todos os proxenitores xustifiquen debidamente a necesidade de conciliación. En caso de que as inscricións presentadas dentro do prazo sinalado no artigo 14 excedan as prazas dispoñibles, efectuarase un sorteo público para determinar a lista de usuarios do servizo, pasando as persoas excluídas a integrar unha listaxe de agarda”.
Descargas: