Pestanas principais

O martes 17 e o mércores 18 de setembro comezan as clases na Escola Municipal de Teatro

Luns, 16 setembro, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa de que esta semana a Escola Municipal de Teatro abre as súas portas para dar a benvida a un novo curso. Este ano, as clases darán comezo o martes, 17 de setembro, en Bertamiráns; e o mércores, 18 de setembro, no Milladoiro.