- Tematica
A convocatoria de subvencións para a promoción de festas populares e actividades levadas a cabo por asociacións culturais está dirixida nesta ocasión ás festas e actividades que se desenvolveron no ano 2020 e 2021. Podes consultar aquí as bases para as subvencións ás festas populares e das axudas que se outorgan ás asociacións culturais.
Para a realización de actividades levadas a cabo por parte de asociacións culturais (exercicios 2020 e 2021) destínase un total de 45.000 euros. A estas subvencións, poden optar todas as asociacións culturais ou veciñais do concello de Ames, que realizan actividades de índole cultural. As asociacións teñen que estar legalmente constituídas e deben figurar inscritas no rexistro municipal de asociacións, cos datos de inscrición debidamente actualizados.
Para a promoción de festas populares durante o mesmo período 2020 e 2021 está destinada unha contía de 30.000 euros. A estas achegas económicas poden optar aquelas asociacións culturais amesás, que estean legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións, cos datos de inscrición actualizados. Tamén poden acceder ás axudas as comisións de festas. O importe individual das axudas dependerá dos habitantes censados en cada lugar ou parroquia en que se celebren os festexos, de acordo ao baremo que figura nas bases.
Para resolver dúbidas os/as interesados/as poden poñerse en contacto co departamento de Cultura do Concello de Ames a través do número de teléfono 662 377 444 e do enderezo de correo electrónico cultura@concellodeames.gal.