- Tematica
A primeira das ordes informa da suspensión de apertura ao público de establecementos de aloxamento turístico (hoteis e aloxamentos turísticos similares, así como establecementos e corta estancia como campings, aparcamentos de caravanas, etc.) que se encontren en calquera parte do territorio nacional.
Só se permite a apertura ao público de aqueles establecementos turísticos previstos no apartado primeiro desta orde. É dicir, aqueles que alberguen clientes que, no momento de declaración do estado de alarma, se encontren hospedados de maneira estable e de tempada, sempre que os seus ocupantes conten coas infraestruturas, nos seus propios espazos habitacionais, para poder levar a cabo as actividades de primeira necesidade.
O cerre producirase no momento en que o establecemento non dispoña de clientes aos que debe atender e, en todo caso, nun prazo máximo de sete días naturais dende a entrada en vigor da orde.
A segunda das ordes permite ás persoas con discapacidade que presenten alteracións de conduta, como por exemplo persoas con diagnóstico de espectro autista e condutas disruptivas, a circular pola vía pública. Estas alteracións de conduta poden verse agravadas pola situación de confinamento derivada da declaración de estado de alarma, polo que, desta maneira, poderán circular polas vías de uso público cun acompañante, sempre e cando se respecten as medidas necesarias para evitar contaxios.
Por último, compre engadir que se permite que poidan ir dúas persoas nas cabinas de vehículos de transporte público de mercancías e introduce un cambio no criterio seguido nos talleres de reparación e mantemento de vehículos: xa non se pode estar abertos ao público en xeral, nin sequera para a devolución de turismos.