Pestanas principais

O Punto limpo estará pechado durante o martes 5 de novembro

Mércores, 30 outubro, 2024
O Concello de Ames informa de que o persoal da empresa Urbaser, concesionaria do servizo municipal de limpeza viaria, celebra o martes 5 de novembro a festividade do seu patrón, San Martín de Porres, co cal durante toda a xornada haberá os servizos de limpeza e recollida habituais nun día festivo. Ademais, o Punto limpo estará pechado durante esta xornada.

Dende a empresa Urbaser aproveitan a ocasión para agradecerlle a todos os cidadáns a súa colaboración para contribuír a seguir mantendo a cidade sempre limpa, especialmente na xornada na que os traballadores celebran e festexan o seu patrón.