Pestanas principais

Os DNI expedidos o 20 de xuño serán entregados o 21 de xuño

Martes, 21 maio, 2024
Un equipo da Policía Nacional vaise desprazar a Ames co obxectivo de facilitar a renovación ou expedición do Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe) á veciñanza. Tras a primeira fase de recepción dos cidadáns e da documentación, que se fará o día 20 de xuño, os integrantes do equipo móbil da Policía Nacional procederán á impresión física dos DNIs na oficina central de Santiago. Posteriormente, volverán a Ames para entregalos o 21 de xuño. É preciso que os cidadáns acudan de xeito presencial en ambas fases do proceso.

A Policiía Nacional estará o día 20 de xuño no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, de 9:00 a 12:30 horas, con 75 citas dispoñibles. As persoas interesadas en empregar este servizo deben escribir ao enderezo electrónico gabinete@concellodeames.gal ou chamar ao número 881 074 730 para aportar nome, apelidos e un teléfono de contacto.