Pestanas principais

Participa na campaña "Ilumina o teu sorriso" para promocionar o comercio de Ames

Martes, 17 decembro, 2019
O Concello de Ames e mailas asociación de comerciantes e empresarios do municipio puxeron en marcha a campaña "Ilumina o teu sorriso", a través da cal se pretende promocionar o comercio local. Deste xeito, ponse en marcha un concurso de fotografía no que haberá que facer catro fotos en diferentes lugares de Bertamiráns e do Milladoiro. Entre os participantes sortearase un teléfono móbil de última xeración. O obxectivo é conseguir que a veciñanza de Bertamiráns se desprace ao Milladoiro e viceversa, para fomentar as actividades de Nadal na rúa ao tempo que se merca nos establecementos comercias amesáns.

Para participar no concurso haberá que facer unha foto en catro lugares do concello: na árbore de Nadal da praza do Concello, no motivo luminoso co número 2020 da praza da Maía; nas pérgolas iluminadas que están na praza de Manuel Murguía e na bola xigante situada na praza da Madalena, no Milladoiro. As catro fotos haberá que envíalas ao enderezo amesnarua@gmail.com. As persoas que envíen as fotos entrarán no sorteo dun teléfono móbil de última xeración doado pola clínica dental Lindo Dente.

Neste certame poden participar persoas maiores de 18 anos e as fotografías teñen que ser inéditas, presentando cada participante unha fotografía de cada un dos catro lugares predeterminados. Soamente se permitirá unha participación por persoa. Consulta a aquí as bases do concurso.

Nas fotos poderán saír as persoas participantes no concurso xunto aos elementos decorativos de Nadal ou tan só poden saír fotografados os elemento decorativos. O prazo para participar no concurso estará aberto ata o 7 de xaneiro. Unha vez rematado o concurso farase unha selección das fotos máis orixinais que serán expostas nun local municipal. Ademais, todas as fotos que se envíen serán colgadas na canle de Instagram chamada @amesnarua co hashtag #iluminaoteusorriso19.

Multimedia