Pestanas principais

Participa no obradoiro do coworker Juan Magariños: "Benestar nun mundo cheo de presa e ruído"

Luns, 24 febreiro, 2025
O vindeiro venres, 28 de febreiro, o espazo colaborativo A Proa, situado no Milladoiro, acollerá o obradoiro "Benestar nun mundo cheo de presa e ruído", impartido polo coworker Juan Magariños. O obxectivo desta actividade é fomentar a importancia do autocoidado como ferramenta de benestar clave para lograr ter máis equilibrio na túa rutina diaria e mellorar a calidade de vida. O obradoiro impartirase de 12:00 a 13:30 horas.

Título do obradoiro: "Conquista o teu benestar nun mundo cheo de presa e ruído"

Data: Venres 28 de febreiro ás 12.00 horas.

Obxectivo: Fomentar a importancia do autocoidado como ferramenta de benestar clave para lograr ter máis equilibrio na túa rutina diaria e mellorar a calidade de vida.

Descrición da actividade: Nesta actividade dinámica e reflexiva, os/as participantes explorarán o significado real do equilibrio nas súas vidas e como o autocoidado pode ser un motor para aprender.

A través de exercicios prácticos, como o "Mapa do Benestar Integral" (unha ferramenta visual para identificar áreas descoidadas), e dinámicas grupais, analízanse aspectos fundamentais como a xestión do estrés, a xestión das emocións, o descanso reparador e a conexión cun mesmo e o entorno.

A actividade inclúe momentos de reflexión individual, debates en pequenos grupos e unha meditación guiada centrada na conexión mente-corpo. Antes de rematar o obradoiro, cada participante deseñará un "Plan Persoal de Autocoidado" con pasos específicos para implementar cambios positivos non seu día a día.

Público obxectivo: Este obradoiro é ideal para toda persoa que busque priorizarse, gañar claridade e cultivar unha vida máis equilibrada e significativa. (Poden ser coworkers e tamén persoas da comunidade local que teñan interese nesta temática).

Multimedia