Mércores, 15 abril, 2020
- Tematica
O Concello de Ames informa do peche de todas as fontes públicas do concello e, como consecuencia, a prohibición do seu uso, durante a vixencia do estado de alarma. É unha medida que se toma por recomendación sanitaria, polo que se agradece a comprensión e colaboración da veciñanza amesá.
As fontes públicas son instalacións onde se pode ter máis contacto coas mans ou coa boca e neste momento non se pode garantir a ausencia de COVID-19 na súa superficie, billas e outros elementos construtivos das mesmas.