Pestanas principais

A Policía Local de Ames advirte á veciñanza de que están circulando polo concello billetes falsos de 50 euros

Venres, 3 novembro, 2023
O Concello de Ames, a través da Policía Local, advirte á veciñanza amesá de que detectaron que están circulando polo municipio billetes falsos de 50 euros. Solicítase que extremen as precaucións e comproben os billetes, tanto antes de pagar como os que reciben de volta no momento de realizar algunha operación con diñeiro en metálico. En caso de detectar algún billete falso haberá que poñerse en contacto cos axentes da Policía Local de Ames chamando ao número de teléfono 619 76 75 75. Moitas gracias pola súa colaboración.

Os axenda da Policía Local incautaron varios billetes falsos de 50 euros, que intentaron cambiar en varios establecementos de Bertamiráns. Recoméndase aos establecementos que estean en alerta, xa que pode ser que aparezan máis billetes falsos.

Multimedia