Xoves, 11 maio, 2023
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a convocatoria dun proceso selectivo para a cobertura dunha praza de oficial de obras e servizos básicos, que ten sido obxecto de inclusión na oferta de emprego público correspondente ao ano 2023. As bases de dito proceso saíron publicadas o xoves 11 de maio de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
O prazo de inscrición en dito proceso selectivo é de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no BOE. Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía aprobará a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as xunto coas causas de exclusión, que se fará pública no BOP, no taboleiro de anuncios e na web municipal.
> Premendo nesta ligazón pódese consultar o proceso selectivo ao completo.