Pestanas principais

Proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de PSX do servizo de comedores escolares

Luns, 21 abril, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do resultado do primeiro exercicio e a convocatoria do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de persoal de servizos xerais para o servizo de comedores escolares do Concello de Ames.

Fíxase como data de realización por parte das persoas aspirantes do segundo exercicio da fase de oposición (cuestionario tipo test), de carácter obrigatorio e eliminatorio, o martes 29 de abril de 2025, ás 18:00 horas, na Sala de Usos Múltiples (SUM) do IES de Ames, situado na Avenida da Peregrina, s/n, en Bertamiráns.