Pestanas principais

Instalación, modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas no auditorio do Milladoiro

Luns, 7 novembro, 2022
A Xunta de Goberno Local, celebrada o pasado 14 de outubro, aprobou a adxudicación do proxecto de instalación, modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas no auditorio da Casa da Cultura de Milladoiro. Dito proxecto está cofinanciado con axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para a concesión de subvencións á modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao amparo dos fondos de NextGenerationEU e mecanismos de recuperación e resiliencia do regulamento (Unión Europea), número 2041/241, convocados para o ano 2022.

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do contrato de subministro e instalación, modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas na Casa da Cultura de Milladoiro. O proxecto foi adxudicado á empresa Tecesa Acústica Visual SL por un importe de 57.001,89 euros (IVE incluído). Os traballos, que consisten na mellora do equipamento do sistema de iluminación e vídeo do auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, xa están en fase de execución.

Dita actuación está cofinanciada con axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para a concesión de subvencións á modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao amparo dos fondos de Nextgenerationeu e mecanismos de recuperación e resiliencia do regulamento (UE) número 2021/241. O importe da axuda concedida ascende a 29.646,08 euros.