- Tematica
A actividade de música e movemento axuda a todos os nenos e nenas a desenvolver novas palabras do seu vocabulario e practicar as destrezas motoras. Ao cantar, aprenden naturalmente o son das letras e as rimas ao tempo que espertan a súa imaxinación. Ademais, cos ritmos musicais mellórase a coordinación dinámica xeral e afianzase o desenvolvemento de determinadas capacidades como a coordinación psicomotriz e maila coordinación audio motora.
A través da música pódese chegar a desenvolver a intelixencia emocional, fomentar a sociabilidade, a tolerancia, a empatía ou o traballo en equipo. Tamén é útil para crear nexos sociais, reforzar o respecto e fortalecer a súa autoestima. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 535 940 ou enviar un correo electrónico ao enderezo escolademusica@concellodeames.gal.
Para realizar as solicitudes, as persoas interesadas deberán cubrir este impreso de solicitude e entregalo na Sede electrónica do Concello de Ames. A renovación poderase realizar tamén en calquera outro medio dos recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Neste caso, para presentar a documentación de xeito presencial no rexistro municipal hai que solicitar cita previa a través da Sede electrónica do Concello de Ames.