- Tematica
Para o alumnado de 1º de educación primaria está programado un campamento na Granxa Escola Corazón de Carballo (en Tomiño). Será do 19 ao 21 de xullo e quedan libres 15 prazas.
As/os nenas/os de 2º de primaria tamén terán a oportunidade de ir a este mesmo campamento posteriormente, do 22 ao 24 de xullo, e contarase co mesmo número de prazas que a quenda anterior (10 prazas).
En canto ao alumnado de 3º de educación primaria, teñen como campamento de destino Galipark (en Padrón), e desenvolverase do 12 ao 15 de xullo con 10 prazas libres.
Tamén hai 10 prazas libres para o campamento da Granxa Escola Fervenzas de Silleda, para o alumando de 5º e 6º de infantil.
Matrícula
Para facer a inscrición débese presentar:
- Impreso de matrícula debidamente cumprimentado.
- Copia da tarxeta sanitaria.
- Certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida).
Presentarase preferiblemente a través do Rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).
Excepcionalmente, e con cita previa, poderá entregarse nos rexistros do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, sempre con CITA PREVIA (Teléfonos: 881 074 710 / 881 074 711).
Unha vez confirmada a súa praza recibirá por correo electrónico o documento de pago que deberá abonar no prazo indicado no mesmo.
Máis información
Para solicitar máis información pódese contactar coa Concellería de Medio Ambiente, chamado ao 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal, ou contactar coa Concellería de Mocidade, chamando ao teléfono 616 083 229 ou enviando un correo a omix@concellodeames.gal.