Pestanas principais

Quedan prazas libres para matricularse na Escola Municipal de Música de Ames

Luns, 24 outubro, 2022
A Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, informa de que conta con prazas dispoñibles nas materias de música e movemento e nas especialidades instrumentais. A inscrición poderase realizar a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais, pedindo cita previa na Sede electrónica.

En total quedan 14 prazas dispoñibles na EMMA; 7 prazas de música e movemento (dirixidas ás crianzas nadas en 2018) e outras 7 de especialidade instrumental (6 para frauta traveseira e 1 para piano) dirixidas a nenos e nenas de 7 anos en diante, cumpridos no 2022.

Deste xeito, para música e movemento quedan 7 prazas, no grupo de nados e nadas no 2018. Estas clases impártense dous días á semana, os luns e mércores de 17:30 a 18:30.

Ademais, no que respecta ás especialidades musicais hai outras 7 prazas: seis para frauta traveseira e unha para piano. Recoméndase que o alumnado que se matricule nalgún instrumento acuda tamén a clases de linguaxe musical.

Toda a información e os prezos poden consultarse no arquivo das solicitudes ao pé do aviso. Dende a EMMA poñeranse en contacto coas persoas que obteñan praza, para formalizar a matrícula e indicar os horarios dispoñibles.

Para máis información, pódnese poñer en contacto coa EMMA a través do enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal, ou ben a través do teléfono 981 535 940, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As clases impártense no edificio multiusos de Aldea Nova.

Descargas: