- Tematica
A matrícula realizarase de xeito telemático, a través da plataforma Cronos, no módulo "Inscripción en clases". Unha vez que a plataforma confirme a praza, deberase tramitar o pagamento, para o que existen dúas opcións.
Por unha banda, pódese facer de xeito telemático, solicitando ás Oficinas de Recadación a folla de autoliquidación (a través do enderezo electrónico ames@canaltributos.com ou chamando ao número de teléfono 981 88 48 96); ou ben realizando a autoliquidación a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello (sen necesidade de certificado electrónico, premendo na opción "pagar taxas").
Doutra banda, pódese acudir de xeito presencial ás oficinas do Concello de Ames, situadas na praza Horta de Abaixo, 6 (Bertamiráns) ou na rúa Viorneira, 6 (O Milladoiro).
Unha vez feita a autoliquidación e pagada no prazo correspondente non será preciso entregar resgardo de pagamento, dado que se xera automaticamente. Polo tanto, a persoa matriculada xa poderá asistir ás clases, quedando a inscrición correctamente feita. Se non se realiza o pagamento no prazo de 3 días, a inscrición quedará anulada.
Instrucións para empregar a plataforma Cronos para inscribir a menores de idade
No caso de que a persoa que se desexe inscribir sexa menor de idade, primeiro debe darse de alta na plataforma Cronos o seu responsable legal como titular, e confirmar o correo electrónico recibido. Despois darase de alta á persoa menor de idade como beneficiaria e confirmarase un novo correo. Unha vez realizadas as altas, dende a conta e usuario da nai, pai ou titor legal haberá que cambiar ao novo usuario asociado como beneficiario, nun despregable na esquina superior dereita da páxina.