- Tematica
Todos os alumnos /as que non estean exentos de pagamento de matrícula, recibirán un correo electrónico dos Servizos de Recadación do Concello de Ames, coa autoliquidación da taxa correspondente, e terán de prazo para o seu pagamento ata o 25 de xuño. Podes consultar as exencións no artigo 7 da Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos pola prestación dos Servizos da Escola Municipal de Música do Concello de Ames (EMMA).
Ademais para a renovación da praza todos os alumnos/as deberán cubrir a solicitude anexa e presentala:
- Mediante solicitude dirixida á Concellaría de Cultura- Escola Municipal de Música de Ames; anexando cubertas e asinadas as solicitudes de renovación e o xustificante de pago matrícula.
-
Por calquera outro medio dos recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Lembrade que para presentar a documentación de xeito presencial no rexistro municipal. Hai que solicitar cita previa a través da sede electrónica.
Para calquera dúbida que teñades co proceso de renovación, podedes enviar un correo-e a : escolademusica@concellodeames.gal ou chamar ao 981535940 (de 9:00 a 14:00)