Luns, 4 maio, 2020
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, informa de que este luns, 4 de maio de 2020, saíron publicadas no Boletín Oficial do Estado dúas resolucións en materia de emprego. Deste xeito, empregados/as do fogar e traballadores/as temporais poderán solicitar dende o día 5 de maio o subsidio especial derivado da pandemia da COVID-19. Ao pé deste aviso podes descargar as dúas resolucións completas.
Deste xeito, publicouse a resolución do 30 de abril de 2020, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se desenvolve o procedemento para a tramitación de solicitudes do subsidio extraordinario por falta de actividade, para as persoas integradas no Sistema Especial para Empregados de Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social regulado na Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.
Ademais, publicouse a resolución do 1 de maio de 2020, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se establece o procedemento para a tramitación de solicitudes do subsidio excepcional por desemprego regulado no artigo 33 da Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.