- Tematica
Debido ao número de inscritos para participar no programa, foi necesario realizar un sorteo o pasado luns 4 de decembro ás 12.00 horas na Casa do Concello. O resultado encóntrase ao pé deste aviso. Os beneficiados son 15 rapazas e rapaces do concello que desfrutarán de 4 días na estación de Valgrande – Pajares (Asturias), máis concretamente, do 9 ao 12 de febreiro de 2024.
A cota de inscrición, de 85 euros, inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, así como monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen estas actividades e cursos.
Recoméndaselle ás persoas asistentes levar consigo certa roupa e equipamento se fora posible, como un gorro, luvas, gafas de esquí ou de sol, anorak térmico, pantalóns impermeables, roupa de rúa e deportiva, chuvasqueiro, unha mochila pequena, útiles de aseo, pixamas e roupa interior, así como crema protectora solar cun factor mínimo de 25.
O obxectivo da Deputación Provincial da Coruña con esta nova campaña de esquí é achegar os deportes de inverno e a neve ás nenas e nenos da provincia. A iniciativa, que se desenvolverá ao longo de seis quendas, estenderase dende o 12 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2024.