- Tematica
Este curso as Escolas deportivas contan na categoría de formación deportiva con baile moderno, baloncesto, fútbol sala feminino, fútbol sala mixto, judo, natación, patinaxe, predeporte, tenis, voleibol e xadrez. Os maiores de 14 anos poderán inscribirse nas actividades do programa “Ponte en Forma”, que inclúe ximnasia rítmica, adestramento funcional, aerozumba, ioga, pilates, ximnasia de mantemento; e spinning, abdominais e glúteos. Preme nesta ligazón para acceder ás actividades ofertadas para este curso.
Para máis información sobre as actividades deportivas pódese chamar aos números de teléfono 619 842 504 e 981 535 940. Outra opción é enviar un correo electrónico aos enderezos deportes@concellodeames.gal e deportes.milladoiro@concellodeames.gal.
Método de pagamento
Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal, as persoas que obtiveron praza deben solicitar a folla de autoliquidación nas Oficinas de Recadación.
Este trámite poderá realizarse a través do correo electrónico ames@canaltributos.com, chamando ao número de teléfono 981 88 48 96 ou realizar a autoliquidación a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello (non precisa certificado electrónico) premendo na opción de “pagar taxas”. Outra opción é acudir de xeito presencial ás oficinas da praza Horta de Abaixo, número 6 en Bertamiráns, ou na rúa Viorneira, número 6 no Milladoiro.
Unha vez feita a autoliquidación no prazo estipulado (do 17 ao 25 de setembro), non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega automaticamente. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.
Inscrición ao longo do curso
Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado inscrito nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libre. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o curso.
Baixas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito. A cota poderá devolverse en supostos de baixa por forza maior (enfermidade acreditada). Se o alumno/a acumula cinco ou máis faltas inxustificadas durante un mes, poderá darse de baixa de oficio e ofrecerlle a praza a outra persoa.