- Tematica
O prazo de matrícula estará aberto dende o 19 ata o 31 de maio. Para facer a inscrición débese presentar:
-Impreso de matrícula debidamente cumprimentado.
-Copia da tarxeta sanitaria.
-Certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida).
-Ficha de coñecemento persoal para o campamento Alvarella Fragas do Eume 2ª quenda (se é preciso).
Presentarase preferiblemente a través do Rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).
Os impresos para facer efectivo o pagamento de cada campamento (impreso de autoliquidación), enviaránselle ao correo electrónico facilitado por cada usuario/a na fase de preinscrición. Estes documentos indicarán os prazos nos que debe realizarse o abono.
Máis información
Para solicitar máis información pódese contactar coa Concellaría de Medio Ambiente, chamando ao 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal, ou contactar coa Concellaría de Xuventude, chamando ao teléfono 616 083 229 ou enviando un correo a xuventude@concellodeames.gal.