Pestanas principais

Resultado do sorteo realizado para asignar as prazas do novo alumnado da Escola Municipal de Música

Venres, 16 xuño, 2023
O Concello de Ames, a través a Concellaría de Cultura, informa sobre o resultado do sorteo realizado para asignar as prazas do novo alumnado da Escola Municipal de Música de Ames que se realizou o xoves 15 de xuño.

-Persoas que obtiveron praza: desde a escola poñeranse en contacto con cada unha, seguindo a orde do sorteo, para que no prazo máis breve posible, confirmen horarios entre os dispoñibles.

-Persoas en reserva: no momento que quede dispoñible unha praza, desde a escola poñeranse en contacto con elas seguindo a orde do sorteo.