Venres, 3 xuño, 2022
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa sobre o cambio no sentido de circulación que se vai a producir nas rúas Cruxa e do Frances, na localidade do Milladoiro.
Deste xeito, a rúa da Cruxa será de sentido único de circulación dende a rúa Agro do Medio cara a avenida de Rosalía de Castro. A rúa do Frances tamén será de sentido único de entrada dende a avenida de Rosalía de Castro. Dende agora non se poderá acceder á avenida de Rosalía de Castro dende a rúa do Francés. Estes cambios realízanse co obxectivo de mellorar a seguridade viaria.
A sinalización vertical xa está colocada e falta por pintar a sinalización horizontal, que se fará en canto a climatoloxía o permita.