Pestanas principais

Selección de horarios de recollida dos/as nenos/as nos diferentes comedores escolares para o curso 2024/2025

Luns, 9 setembro, 2024
Co fin de organizar as saídas de forma gradual, solicitamos que nos indique o horario de preferencia para recoller o seu fillo ou filla. Prema sobre o nome do centro para escoller a quenda que prefira. Só estará activo para marcar a opción inicial, quedando deshabilitado o luns 9 de setembro ás 23.59 horas. Para modificar a opción, deben contactar cas coordinadoras.

Prema no nome do centro escolar:

Requisitos:

  • Os pais/nais/titores terán que escoller o horario de recollida dos seus fillos conforme os horarios que se reflicten para este servizo.
  • Estes horarios establécense coa finalidade de facer as entregas coa maior seguridade, motivo polo que se deberá acoller a un dos horarios de recollida dos que hai estipulado para cada curso concreto.
  • Dáse a posibilidade de que dentro dos horarios de recollida existentes para un curso concreto se poidan facer cambios, pero só dentro deses horarios. Non se poderán solicitar horarios que non pertezan a un determinado curso salvo que se trate de necesidades médicas/terapéuticas debidamente acreditadas. Poderanse, incluso, escoller dentro dos horarios existentes un distinto segundo o día da semana de que se trate.
  • Os cambios nos horarios de recollida terán como únicos requisitos que sexan dentro dos horarios existentes para cada curso, se fagan ca antelación suficiente e non afecten a organización do servizo, motivo polo que deberán ser comunicados telefonicamente á coordinadora do servizo.
  • Para a recollida, os monitores encargaranse de ir recollendo aos nenos polos distintos grupos e trasladaranos ás portas correspondentes nos horarios de recollida dos nenos/as.

Multimedia