- Tematica
A iniciativa, que parte da Concellaría de Mobilidade, foi financiada con fondos municipais e ten como obxectivo facilitar o coidado das bicicletas a todas aquelas persoas que non posúen un lugar propio onde facelo..
As columnas AIR-TOOL-WAHS adquiríronse en Bilbao, cidade paradigma en proxectos e actuacións que facilitan a mobilidade. Integran na mesma estrutura un sistema de inflado de rodas, unha estación de autoreparación e un sistema de lavado. Están fixadas a unha base de formigón que se nivela mediante catro ancoraxes de expansión. A estrutura é de aceiro inoxidable, pesa 36 quilos e posúe un sistema de inflado xiratorio antivandálico provisto dunha mangueira unida a unha bomba hidráulica.
Compleméntase cun manómetro a presión e conta cun xogo de 8 ferramentas unidas á columna con cables de aceiro individuais extensibles. O sistema de lavado ofrece a posibilidade de personalizar o tempo de pulverización.