Mércores, 21 outubro, 2020
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, informa de que debido ás novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para toda a Comunidade Autónoma e as específicas para a localidade do Milladoiro e que entran en vigor ás 00.00 horas do xoves 22 de outubro de 2020, quedan suspendidas ata novo aviso todas as actividades que se organizan dende os departamentos de Promoción da saúde e da Oficina de Voluntariado de Ames.
Deste xeito, dende este xoves 22 de outubro e ata novo aviso non se realizarán as actividades de diferentes programas municipais como Amessan, SaúdeAndo, andainas saudables, etc. que están organizadas polos departamentos de Promoción da saúde e da Oficina de Voluntariado de Ames, dependentes da Concellería de Benestar Social.