Pestanas principais

Suspéndese a presentación do libro "A Batalla de Altamira"

Xoves, 22 outubro, 2020
Debido ás novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para facer fronte á evolución da pandemia da Covid-19, os Concellos de Ames e Brión, así como a Deputación da Coruña, decidiron suspender a presentación do libro "A Batalla de Altamira", que estaba prevista para este sábado, 24 de outubro.

Estaba previsto a presentación de dito libro por parte das autoras, as historiadoras Mercedes Vázquez e María Pilar Rodríguez, ademais do arquitecto Mario Crecente, para dar conta das actuacións que está a preparar a Deputación da Coruña no monumento.

Ademais, cómpre lembrar que tamén foron suspendidas o resto de actividades incluídas no programa de "Altamira Brilla", a primeira festa da historia da comarca da Maía. Para a tarde do sábado, 24 de outubro, estaba previsto a participación da compañía teatral Os Quinquilláns, que ían representar a batalla de Altamira, no propio escenario das Torres. Tamén se ía facer un convivio con bebidas e petiscos para as persoas participantes antes do concerto de Baiuca. Todas as actividades quedan suspendidas.

Multimedia