Pestanas principais

Suspéndese a velada de terror organizada polo programa Trouleando

Venres, 23 outubro, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mocidade, informa de que debido ás novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para toda a Comunidade Autónoma e as específicas para a localidade do Milladoiro e que entraron en vigor ás 00.00 horas do xoves 22 de outubro de 2020, queda suspendida ata novo aviso a actividade da velada de terror polo Samaín. Deste xeito, non se realizará este evento de Trouleando que estaba previsto para o venres 30 de outubro.

Para resolver calquera dúbida contacta coa OMIX, a través do número de teléfono 616 083 229 ou enviando un correo electrónico a omix@concellodeames.gal.

Multimedia