Pestanas principais

Abre un prazo extraordinario para inscribirse nas últimas prazas da Cabalgata de Reis

Luns, 23 decembro, 2024
O Concello de Ames traballa na organización das Cabalgatas de Reis, que se celebran o domingo 5 de xaneiro nas localidades do Milladoiro e Bertamiráns. Para participar en ditas Cabalgatas abriuse un prazo de inscrición, que rematou o 22 de decembro, co obxectivo de que as nenas e nenos do concello poidan acompañar aos Reis Magos nas carrozas. Para cubrir as últimas prazas abre un prazo extraordinario de inscrición ata o domingo día 29 de decembro. As últimas prazas cubriranse por orde de presentación dos impresos de solicitude.

O Concello de Ames, como vén sendo habitual, organiza nestas datas de Nadal a tradicional Cabalgata de Reis, tanto no núcleo de Bertamiráns coma no do Milladoiro, para que todos os nenos e nenas do municipio poida acompañar ás súas maxestades na chegada a Ames. Deste xeito, os Reis Magos precisan de nenas e nenos que lles axuden a repartir as lambetadas desde o alto das carrozas ao longo do seu percorrido polas dúas vilas amesás.

Para participar en ditas Cabalgatas abriuse un prazo de inscrición, que rematou o 22 de decembro, co obxectivo de que as nenas e nenos do concello poidan acompañar aos Reis Magos nas carrozas.

Prazo extraordinario de inscrición
Para cubrir as últimas prazas abre un prazo extraordinario de inscrición ata o domingo día 29 de decembro. As últimas prazas cubriranse por orde de presentación dos impresos de solicitude na Sede electrónica ou de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Preme nesta ligazón para descargar o impreso de inscrición.

Poden apuntarse todos os nenos e nenas que, na data do 1 de xaneiro, teñan unha idade comprendida de 6 a 12 anos, figuren empadroados no concello de Ames e que non tiveran participado en edicións anteriores da cabalgata de Reis. En total, poderán participar 84 rapaces e rapazas. Pódese consultar as bases de inscrición na seguinte ligazón.