Pestanas principais

Últimos días para participar no certame Youtubeiras 2021, con 7500€ en premios

Mércores, 20 outubro, 2021
Este venres 22 de outubro remata o prazo para presentar canles de creación en Youtube aos premios Youtubeiras, que celebran a súa quinta edición con 7500€ en premios e 12 categorías. As canles de Youtube participantes deben ter cando menos cinco vídeos subidos con data posterior ao 23 de outubro de 2020, cos seus títulos, descricións e subtítulos (de habelos) en galego, e incluíndo o cancelo #youtubeiras. A meirande parte dos vídeos da canle deben estar en galego. Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos Servizos de Normalización Lingüística dos Concellos da Baña, Ames, Moaña, Negreira, O Grove, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e Rianxo, das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.

As persoas participantes deben inscribirse a través do formulario que figura na web youtubeiras.gal/Inscricion/ indicando a URL da canle.

Multimedia