Xoves, 16 novembro, 2023
- Tematica
A sala de exposicións do Pazo da Peregrina, situado en Bertamiráns, acolle do 8 de novembro ao 4 de decembro, a exposición Lucet, unha mostra de pintura colectiva na que toman parte os seguintes artistas: Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, Mari Carmen Valverde Navarro, Melania Gómez Barral, Julia San Martín del Barrio, Dolores Mato Gómez, Francisco Hervella Rodríguez e Ana Cancela Muras. Esta mostra tamén recolle fotografías de Salvador Galbán Dios.
A exposición pode visitarse os luns e mailos xoves, en horario de 18.00 a 21.00 horas, excepto os días 9 e 30 de novembro nos que a sala de exposicións non estará aberta ao público.