- Tematica
Debido ao número de inscritos para participar no programa, foi necesario realizar un sorteo o pasado luns 9 de decembro ás 12.00 horas na Casa do Concello. O resultado encóntrase ao pé deste aviso. Os beneficiados son 13 rapazas e rapaces do Concello que desfrutarán de 4 días na Estación de Cabeza de Manzaneda, máis concretamente, do 31 de xaneiro ao 3 de febreiro.
Desta maneira, o prezo da actividade é de 85 euros, que inclúen: transporte, estadía, e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, xunto con monitores, clases de esquí, seguros, orzamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
O obxectivo da Deputación Provincial da Coruña con esta nova campaña de esquí é achegar os deportes de inverno e a neve ás nenas e nenos da provincia. A iniciativa, que se desenvolverá ao longo de cinco quendas, estenderase dende o 24 de xaneiro ata o 24 de febreiro.