Pestanas principais

Xa se poden solicitar as axudas do Plan Reactiva Ames dirixidas á creación e consolidación de empresas para o mantemento do emprego

Xoves, 23 setembro, 2021
O Boletín Oficial da Provincia recolle, na súa edición de onte, a convocatoria das axudas do Concello de Ames dirixidas á creación e consolidación de empresas para o mantemento do emprego e do tecido empresarial local. As axudas están dirixidas ás persoas físicas e xurídicas que leven a cabo actividades empresariais ou profesionais e teñan o seu domicilio social e fiscal en Ames. O prazo de presentación de solicitudes é de quince días naturais a contar dende o 23 de setembro. A contía total destas subvencións ascende a un importe total de 145.000 euros.
Descargas: