Pestanas principais

Xa volve estar aberta a sala de estudo da biblioteca do Milladoiro

Venres, 31 xaneiro, 2025
O Concello de Ames informa de que xa volve estar aberta a sala de estudo da biblioteca do Milladoiro. As obras seguirán executándose para separar a aula de estudo da biblioteca, pero ditos traballos non impiden que se poida volver a facer uso da instalación. A sala de estudo terá que pecharse durante unha xornada máis, pero avisarase con antelación.