Venres, 13 marzo, 2020
- Tematica
O Concello de Ames informa que a Xunta de Galicia vén de anunciar que a partir desta medianoite deberán permanecer pechados por un prazo de 14 días os bares cafeterías, restaurantes, salas de festas, discotecas, pubs, albergues do Camiño de Santiago, polideportivos, piscinas e furanchos. Poderán manterse abertas as tendas de alimentación (carnicerías, froiterías, peixarías e panaderías), supermercados, farmacias e quioscos de venta de prensa.
O goberno do Estado declarou hoxe ao mediodía o estado de alarma en todo o país. Tras dita declaración a Xunta de Galicia anunciou esta tarde unha serie de medidas para previr o avance do coronavirus en Galicia. Deste xeito, durante un prazo de 14 días non poderán abrir bares cafeterías, restaurantes, salas de festas, discotecas, pubs, albergues do Camiño de Santiago, polideportivos, piscinas e furanchos.
Ademais, deberán permanecer pechados cines, teatros, salas de concertos, establecementos de xogo, recintos de feiras, centros de ocio infantil e pavillóns. Tamén se reduce a un terzo o aforo nos tanatorios e establécese un máximo de 25 persoas para acompañar a un cortexo fúnebre.
Servizos que se manteñen activos
Mantéñense as entregas de comida a domicilio e o servizo de recollida nos locais dedicados a este servizo. Tamén poderán abrir os servizos de restauración dos hoteis (só poderán servir á clientela do hotel) e mailos servizos de instalación de servizos públicos.
Mantéñense as entregas de comida a domicilio e o servizo de recollida nos locais dedicados a este servizo. Tamén poderán abrir os servizos de restauración dos hoteis (só poderán servir á clientela do hotel) e mailos servizos de instalación de servizos públicos.
Esta medida tampouco non afecta ás tendas de comestibles, tendas minoristas de alimentación como carnicerías, froiterías, peixarías, panaderías ou tendas de alimentación. As grandes superficies comerciais tamén poden permanecer abertas, pero só os espazos dedicados á alimentación. As gasolineiras, farmacias e kioskos de venta de prensa tamén poderán seguir abertas.
Para resolver dúbidas sobre o coronavirus consulta a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/