Avisos
Martes, 3 setembro, 2024
Ata o vindeiro 10 de setembro está aberto o prazo extraordinario para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os interesados en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.
Martes, 3 setembro, 2024
Ata o vindeiro día 6 está aberto o prazo de inscrición extraordinario da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao curso 2024-2025. A inscrición poderase realizar a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais. As clases darán comezo o 16 de setembro.
Venres, 30 agosto, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 30 agosto, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús do Setembro Lúdico 2024 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 29 agosto, 2024
No verán tamén hai espazo para facer deporte. Durante o mes de agosto desenvolverase a actividade “Camiñando no solpor”. A terceira e derradeira andaina será hoxe, xoves 29 de agosto, en Bertamiráns. O punto de encontro será o centro de saúde, ás 20:00 horas. Recoméndase que as persoas participantes leven unha lanterna.
Xoves, 29 agosto, 2024
Este xoves, 29 de agosto, a praia fluvial de Tapia acollerá a sétima e derradeira xornada dos Seráns de Ames. Esta iniciativa, que se desenvolveu durante os meses de xullo e agosto, acolle nesta ocasión o espectáculo do monologuista Manolo Boquete, ás 19:00 horas. O cantautor e monologuista será o encargado de pechar el ciclo estival “Seráns de Ames” cun espectáculo no que a música, os contos e historias e o bo humor son os ingredientes principais para arrancar as risas do público, ao que o monologuista interpela con frecuencia para implicalo nas súas actuacións.
Luns, 26 agosto, 2024
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de crianzas admitidas e excluídas no programa de conciliación Setembro Lúdico 2024, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía.
Venres, 23 agosto, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 23 agosto, 2024
Durante a noite a caída dunha árbore provocou a rotura lunha liña de media tensión, o que afectou a tres tramos de liña pertencentes ao concello de Ames: Trasmonte, Leboráns e Portanxil. A incidencia foi solucionada ao longo da mañá.
Xoves, 22 agosto, 2024
O departamento de Deportes e Promoción da Saúde informa que a técnica encargada de guiar a andaina "Camiñando no solpor" prevista para hoxe, 22 de agosto, non pode acudir por razóns médicas. Deste xeito, a andaina queda cancelada.
- ‹ anterior
- 11 de 127
- seguinte ›