Avisos

Ex., 15-08-2024
Ex., 15-08-2024
Venres, 12 xaneiro, 2024
O Concello de Ames fai públicas as listaxes de agarda de persoal de comedores, tanto as de traballadores e traballadoras interinos como temporais. Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pédense consultar ambas listaxes.
Venres, 12 xaneiro, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 11 xaneiro, 2024
O xoves 18 de xaneiro, de 8:00 a 9:00 horas e de 17:00 a 18:00 horas, a empresa Naturgy vai efectuar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica no Milladoiro, o que vai ocasionar a interrupción do suministro eléctrico nese intervalo de tempo. As instalacións sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas do Milladoiro:
Xoves, 11 xaneiro, 2024
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria celebrada o día 5 de xaneiro de 2024, adoptou o acordo de aprobar as bases que deben rexer a convocatoria para a selección do mestre/a complementario/a da especialidade e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas do obradoiro dual de emprego Renova VI do Concello de Ames.
Martes, 9 xaneiro, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio publicado no DOG sobre o nomeamento de persoal funcionario de carreira de vinte prazas: unha praza de responsable de brigada de obras e servizos básicos, dezaoito prazas de auxiliar administrativo e unha praza de auxiliar de arquivo.
Luns, 8 xaneiro, 2024
O Concello de Ames publicou o pasado 3 de xaneiro un decreto de Alcaldía mediante o cal se aprobou a convocatoria dos "II Premios InnovAmes Empresas Innovadoras 2024". Esta convocatoria está recollida no plan estratéxico de subvencións 2023-2025, aprobado polo pleno na súa sesión do 23 de febreiro de 2023. Pódense consultar as bases no documento que aparece ao pé da información.
Luns, 8 xaneiro, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Alcaldía, fai público o anuncio publicado no BOP sobre o inicio de expediente para a elección de xuíz/a de paz titular do Concello de Ames. Pódense consultar as bases da convocatoria no documento que aparece ao pé da información
Venres, 5 xaneiro, 2024
O Concello de Ames publicou o pasado 3 de xaneiro un decreto de Alcaldía mediante o cal se aprobou a convocatoria dos "II Premios InnovAmes Proxectos Educativos 2024". Esta convocatoria está recollida no plan estratéxico de subvencións 2023-2025, aprobado polo pleno na súa sesión do 23 de febreiro de 2023. Pódense consultar as bases no documento que aparece ao pé da información.
Venres, 5 xaneiro, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 5 xaneiro, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.