Axenda
![](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/eventos/imagenes/2024/08/whatsapp_image_2024-08-07_at_10.54.45.jpeg?itok=l_fYHhbW)
O sábado 10 de agosto, a comisión de festas da Peregrina organizou por segundo ano conscutivo unha romaría urbana no parque do Ameneiral. Comezará ás 13:30 horas cunha sesión vermú. Ao longo de toda a tarde haberá diversas actuacións musicais a cargo de Sr.Salvaje, Stormy Trucks, Michu da Rocha e V-Roc, así como inchables e unha festa da espuma para os máis pequenos.
![](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/eventos/imagenes/2024/07/cartaz_veran_en_ames_2024_12.jpeg?itok=S7q6fufU)
Dentro da programación estival municipal, a Aula da Natureza organiza Noite de Estrelas, unha xornada para gozar da astronomía dende o alto de san Marcos. A actividade, dirixida a todos os públicos, desenvolverase o sábado 10 de agosto entre as 21:00 horas e as 00:00. Os asistentes, guiados polo experto astrónomo Antón Bouza, achegaranse á lúa, ás galaxias, ás constelacións e poderán descubrir planetas como Venus, Saturno ou Xupiter.