Axenda

Ex., 26-04-2025
Sábado, 26 de abril de 2025

O departamento de Bibliotecas organiza varias actividades no vindeiro mes de abril como parte da programación  "Abril, mes do libro en Ames". Unha delas será un obradoiro de encadernación xaponesa, dirixido para as crianzas a partir de 3º de primaria. Na biblioteca do Milladoiro realizarase o venres 25 de abril ás 17 horas, mentres que en Bertamiráns será o sábado día 26 ás 11.30 horas.

Sábado, 26 de abril de 2025

Este sábado, 26 de abril, a praza da Maía de Bertamiráns acollerá a cuarta edición da Feira de Saúde e Benestar, organizada polo Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción da Saúde, e que se centra nos hábitos saudables. A partir das 11:00 horas e ata as 20:00 horas, un total de 12 asociacións participarán neste evento cos seus stands para proporcionar información sobre a súa labor a todas aquelas persoas que se acheguen ata a feira. Ademais, impartiranse dous faladoiros na Casa dos Maiores sobre as etiquetas alimentarias a cargo da dietista, nutricionista e xerontóloga, Áurea Casáis Martínez; e sobre a alimentación e o deporte como canalizadores das emocións a cargo da psicóloga, Belén Montesa. Por último, haberá actividades deportivas como unha sesión de ioga, outra de taichi, e unha andaina polo Rego dos Pasos.

Sábado, 26 de abril de 2025

O sábado 26 de abril, ás 12.30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, presentarase o libro antolóxico que recompila os textos gañadores da edición XXI do Certame Literario do Concello de Ames.

Sábado, 26 de abril de 2025

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. Á volta de Semana Santa, o vindeiro sábado 26 de abril, terá lugar o obradoiro “Destilación de plantas aromáticas”, no que os participantes aprenderán a realizar a destilación das plantas de romeiro e eucalipto con alambique para, posteriormente, elaborar diferentes produtos. O taller realizarase nas instalacións da Aula da Natureza, en horario de 10.00 a 14.00 horas, e hai 20 prazas dispoñibles. Para participar, é preciso de inscrición previa.