Axenda
Luns, 28 de abril de 2025

O mes de abril é, por excelencia, o Mes do Libro, pois o día 2 celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e o 23 é o Día Internacional do Libro. Como cada ano, ambas as dúas efemérides traen un mes de programación especial nas bibliotecas do concello de Ames. Desta volta, o mes do libro incluirá obradoiros, sesións de contacontos, encontros literarios, concursos de debuxo, teatro infantil, visitas escolares do alumnado da EEI do Milladoiro á biblioteca do Milladoiro, etc. Deste xeito, o luns 28 de abril, chegará ao auditorio do Milladoiro "A biblioteca galáctica contra a IA fantástica", de Tanxarina Teatro.