Pestanas principais

Avisos e novas do Concello de Ames, 10 de febreiro de 2025

NOVAS

O programa de dinamización lingüística e investigación promovido pola Real Academia Galega e o Concello de Ames afronta a terceira edición cunha serie de actividades que reforzan o seu carácter lúdico e participativo. A iniciativa conta coa colaboración de artistas como as Tanxugueiras, X ...

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este pasado xoves, 6 de febreiro, a primeira xuntanza ordinaria do Pleno do Consello sectorial da Cultura de 2025. En dita xuntanza presentouse o informe – memoria Ames Cultura de 2024, no que se recolle a actividade de dinamización cultur ...

A Casa do Concello, en Bertamiráns, acolleu esta mañá a presentación da VI edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre, que este ano se celebrará o vindeiro 23 de febreiro. A proba, organizada polo Concello e a Federación Galega de Atletismo, como vén sendo habitual, ten como punto de p ...

Un equipo da Policía Nacional vaise desprazar a Ames co obxectivo de facilitar a renovación ou expedición do Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe) á veciñanza. Así, estará o vindeiro día 21 de febreiro no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, de 9:00 a 12:30 horas, con 75 cit ...

O Concello organiza, por terceiro ano consecutivo, un cocido para as persoas maiores do concello. Trátase dun xantar que se celebrará o martes 4 de marzo, martes de Entroido, a partir das 14.00 horas, no pavillón de Bertamiráns. No xantar servirase cocido para as persoas maiores de 65 anos em ...

AVISOS

O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas do programa de conciliación Entroido Lúdico 2025 para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín, e o CEIP A Maía. Poderanse facer subsanacións ata o día 21 de febreiro.
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.