Pestanas principais

Avisos e novas do Concello de Ames, 2 de abril de 2025

AVISOS
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por tormentas, de nivel amarelo, que afectará a Ames dende as primeiras horas da tarde deste mércores, 2 de abril, e que se prolongará ata as primeiras horas da noite. Rógase que se extremen as precaucións e ...
Dende este martes, 1 de abril, estará aberto o prazo de solicitude de praza para o curso 2025-2026 nas escolas infantís de titularidade municipal (O Bosque, en Bertamiráns, e A Madalena, no Milladoiro). As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 15 de abril. Posteriormente, os/as admitido ...

NOVAS

A Xunta de Galicia vén de aprobar este luns, 31 de marzo, o prego de cláusulas administrativas, o expediente de contratación, o gasto e a apertura do procedemento de adxudicación para a construción do novo centro de educación infantil e primaria no Milladoiro. O expediente de contratación ...

Esta semana comeza a quinta edición do ciclo Abril de Cine, unha iniciativa enmarcada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames e que ten a finalidade de achegar o cinema galego actual á veciñanza amesá. A primeira cita das tres sesións programadas no ...

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) oferta unha nova programación de cursos para abril e maio, con clases dirixidas tanto a adultos coma para menores. As temáticas destes cursos abranguen contidos moi amplos e útiles para o mundo dixital, no c ...