Pestanas principais

Avisos e novas do Concello de Ames, 31 de xaneiro de 2025

AVISOS
A Aula da Natureza informa de que a ruta circular pola Lagoa de Cospeito adíase para o domingo 9 de febreiro. Debido ás intensas choivas dos últimos días os camiños están anegados, polo que non poderá realizarse este domingo 2 de febreiro como estaba previsto inicialmente.

NOVAS

Na mañá deste xoves 30 de xaneiro, o CEIP de Barouta celebrou outra edición da carreira solidaria “Móvome pola paz”, unha iniciativa motivada pola conmemoración do Día Internacional da Paz. Nesta xornada participaron en total 400 persoas, entre eles, alumnado do propio CEIP de Barouta, ...

O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado, organiza un novo curso de inglés básico para maiores. O curso desenvolverase por primeira vez no Milladoiro e está dirixido para persoas maiores que non teñan ningún tipo de formación en lingua inglesa. As clases comezarán este vind ...

A Escola de Karate Dokkodo organizou este pasado 25 de xaneiro, en colaboración coa Federación Galega de Karate, un curso de kata tradicional impartido polo mestre Jesús Latorre. O evento reuniu a deportistas de todas as idades e niveis para gozar e aprender dun dos grandes profesionais desta ...