Pestanas principais

Avisos e novas do Concello de Ames, 7 de marzo de 2025

NOVAS

O Concello de Ames, xunto coa Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), presentou na mañá de hoxe o informe sobre os datos de consumo nas oficinas municipais nesta materia no pasado ano. Deste xeito, as oficinas da UCGAL situadas nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro recibiron ao lon ...

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo rexistrou 457 entradas en xaneiro. Durante este mes destaca a achega de 891 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES), 111 quilogramos de roupa e 425 quilogramos de plásticos.

AVISOS

Debido ás condicións meteorolóxicas previstas para esta fin de semana, queda adiada a programación do Concello de Ames con motivo do Día Internacional da Muller este 8 de marzo. Deste xeito, a lectura do manifesto finalmente será o vindeiro luns, 10 de marzo, na porta da Casa do Concello ás 1 ...
Debido ás condicións meteorolóxicas previstas para esta fin de semana, queda adiada a actividade de Paintball do programa Trouleando prevista para este sábado. En base á dispoñibilidade da instalación, a nova data proposta para realizar a actividade é o 23 de marzo. As persoas apuntadas na a ...
Queda aprazada a sesión dos Encontros Literarios, coa presentación de “Ángeles de Santiago: Génesis” de Alba Sánchez, prevista para o día de hoxe no Pazo da Peregrina debido ás condicións meteorolóxicas. Nas vindeiras xornadas anunciarase unha nova data para esta actividade.
Queda aprazada a andaina polo Mar de Ovellas programada para este domingo, 9 de marzo, debido ás condicións meteorolóxicas previstas para a xornada. A nova data para a actividade será o 5 de abril. Desde o departamento de Normalización Lingüística, poñeranse en contacto a través do correo e ...