Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 19 de febreiro de 2020

NOVAS

A tempada ornitolóxica, programada pola Aula da Natureza do Concello de Ames, inaugurase o próximo sábado, 22 de febreiro, cunha saída ao complexo intermareal Umia – O Grove. Haberá servizo de autobús con saída ás 10.15 horas dende a praza do Concello e ás 10.30 horas dende a Casa da C ...

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 7 de febreiro o expediente de licitación do proxecto que recolle as obras de saneamento no lugar de Castelo, pertencente á parroquia de Ames, e que conta cun orzamento base de licitación de 33.192,78 euros. Este proxecto foi aprobado previamente, por u ...

A última das probas da Liga Galaica de 3 horas de Resistencia BTT celebrouse o pasado domingo, 16 de febreiro, en Camariñas. Despois das probas celebradas en Noia e en Ames, esta proba puxo fin a esta nova Liga na que os/as integrantes do Club Ciclista Os Esfola Arrós de Ames acadaron uns moi ...

O Concello de Ames e maila Federación Galega de Atletismo organizan o segundo Trail e Andaina Ribeiras do Tambre este domingo 23 de febreiro. A saída do trail terá lugar ás 10.00 horas dende A Ponte Maceira, e posteriormente, ás 10.05 horas, será a saída da andaina. Para participar é nece ...

Esta mañá o goberno municipal presentou o novo orzamento para o exercicio 2020, que ascende a cifra de 27.370.000 euros, incrementando en 1.370.000 euros (5,29%) respecto do presuposto de 2019. Trátase do maior orzamento municipal que presentou o Concello de Ames. Recolle un forte compromiso n ...

A  Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza con motivo das festas de Entroido un evento para amenizar as compras no comercio local mentres se goza do Entroido, no que os comercios de Ames se disfrazarán cunha temática común. Ademais, habilitaranse dúas carpas na Praza da Maía en ...

Os rapaces e rapazas do Club Atletismo Millaraio participaron no Campionato de Galicia sub18 en pista cuberta, celebrado na Coruña, no que obtiveron tres medallas de prata e dous bronces. Tamén acudiron ao Campionato de Galicia de lanzamentos de inverno sub16-sub18, en Vilagarcía de Arousa, on ...

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames ten programadas dúas sesións de contacontos nesta semana. “Nais; non hai dúas iguais” desenvolverase o próximo mércores 19 na Biblioteca do Milladoiro e o xoves 20 na de Bertamiráns, ambas ás 17.30 horas. Ademais, neste mes de febreiro ...

AVISOS

A Concellaría de Benestar Social informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) estará os días 18 e 19 de febreiro en Bertamiráns. O vehículo estará na avenida da Maía, diante da praza, en horario de 15.30 a 21.00 horas. Lémbrase que se deb ...