Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 2 de decemebro de 2021

AVISOS
Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade informan de que por motivos de saúde da artista “Lola Vendetta”, adíanse as xornadas de Igualdade e prevención da violencia de xénero en Ames, “Acércate”, que se ían celebrar este sábado, 4 de decembro, na Casa da Cultura de Bertamir ...
“Bruxas, xigantes e galiñas” é a nova proposta de narrativa oral das bibliotecas de Ames para este mes de decembro. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, estará en Bertamiráns os días 14, 15 e 16, a partir das 17:30 horas.

NOVAS

A EMMA ofrece ata trece prazas nas disciplinas de música e movemento, batería e percusión, violín e viola, canto moderno e frauta traveseira, ás que as novas alumnas e alumnos se incorporarán na semana do 10 de xaneiro. As inscricións para estas vacantes están abertas dende este x ...

Co gallo do Día Mundial das persoas con (dis)capacidade, a concellaría de Benestar Social e Igualdade prepara para o 3 de decembro un almorzo coa Asociación Arcea Adames. A xuntanza desenvolverase  na Casa de Cultura de Milladoiro. Ademais, desde o departamento, convídase á cidadanía a ...

AXENDA

As Bibliotecas Municipais seguen co seu programa “Encontros Literarios en Ames” coa presentación do libro “É todo conto?”, do escritor Xosé Luís Santos Cabanas.