Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 20 de setembro de 2019

AXENDA

O grupo de pandereteiras Maianas, en colaboración co Concello de Ames, organiza para este sábado, 21 de setembro, ás 21.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, unha Foliada aberta a todas as persoas que queiran acudir. No Serán da Maía actuarán Os Coribantes, Os Roncos (SR Calo), O ...

NOVAS

Este pasado mércores, 18 de setembro, o concelleiro de Turismo do Concello de Ames, Manuel Lens, e a técnica municipal de turismo, Sonia Moure, reuníronse en Padrón cos representantes e técnicos do departamento de turismo dos concellos de Brión, Dodro, Padrón e Santiago, co obxectivo de se ...

Co gallo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores, o Concello de Ames, a través da Concellería de Benestar Social, organiza o I Encontro de Maiores de Ames. O pavillón do IES do Milladoiro, situado no número 5 do Paseo da Igualdade, acollerá esta primeira xuntanza deste cole ...

O Concello de Ames e o Club de Natación Cidade de Santiago organizan para mañá sábado, 21 de setembro, a Tapia Swinway, unha travesía a nado composta de tres probas para un total de cinco categorías. Na actualidade hai inscritas arredor de 70 persoas. As inscricións para este proba pechara ...

O alcalde de Ames, José Miñones, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, e o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, participaron na tarde de onte no acto de apertura das I Xornadas de T ...

Durante este mes de setembro o club Ames Atletismo está organizando unhas xornadas de portas abertas os luns, mércores e venres, as 18:00 horas, nas instalacións de Biduído (detrás do colexio de Ventín). Ames Atletismo é un novo club de atletismo de base que nace co propósito de ensinar t ...

A asociación amesá de sendeirismo e montañismo, Rutasapie, prepara unha nova ruta, esta vez polo río Tambre. Será este sábado, 21 de setembro. Haberá servizo de autobús, que sairá da estación de autobuses de Santiago de Compostela ás 08.45h, pasando pola estación de tres ás 08.50h, e ...

AVISOS

A Plataforma Feminista Galega convocou para este venres, 20 de setembro, ás 20:30 horas, unha Manifestación Nocturna cun símbolo, a luz violeta. Deste xeito, o Concello de Ames e maila Plataforma feminista de Ames únense a convocatoria da Plataforma Feminista Galega. Durante a semana houbo mesas ...
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, fai públicas as listaxes coas persoas admitidas e en lista de agarda das Escola deportivas municipais para o curso 2019-2020. Estas listaxes son o resultado do sorteo público feito este pasado xoves, 18 de setembro, entre as persoas que re ...